Caxigalines nella Reguera'l Campizu

12 gennaio 2011

ANIVERSARIO DO BLOG: CATRO XANEIROS


Catro anos, cumpridos onte, levo neste exercicio case cotián de escribir anotacións. Custa cada vez máis porque a inmediatez (que axuda á miña preguiza e impaciencia naturais) doutros formatos impide que probe aquí esas posibilidades. Pero xa van máis de mil cen posts, coas súas correspondientes ilustracións. Ignoro, a pesar das contadoras de visitas, canta xente le estes textos. Tampouco sei se teñen ou non interese: non falo moito deles fóra deste mundo virtual. Entre que moitos nin saben quen son e os que o saben non mo comentan nin eu son quen de quitar o tema, por pudor probablemente inxustificado, teño poucos certidumes sobre a recepción dos mesmos. Ás veces, confeso, esa ausencia ao outro lado desacóugame e faime recapacitar sobre se me compensa.
Non sei: ao cabo, volvo coller o teclado e darlle ao pensamento e ás palabras por ver se arranxan algún pequeno discurrir de ideas.

Ilustración: nada mellor que Xaneiro para celebrar estes catro xaneiros.

13 commenti:

Pablo Jauralde Pou ha detto...

Seguir con ese espacio, por pequeño que sea, de creación y libertad, te sirve, desde luego a ti, y como profe activo a todos los que te rodean. Yo no prescindiría nunca de él, al menos mientras sigas teniendo un mínimo impulso de ser, crear, decir.... En efecto, la mayoría de la gente es pasiva en este terreno -lo compensarán en otros– pero no creo que eso sea una razón. En fin, dejarías un hueco que iban a,ocupar, sin duda, los valedores del vacío, del silen cio y las manos quietas, para ocuparlo con sabe dios qué. Dios no lo sabe pero nosotros sí.
Un abrazo

X ha detto...

Eu apostaría pola repetición da súa primeira entrada, segue a ser boa.
En canto ás visitas, era máis emocionante hai un par de anos, hoxe as estatísticas de Blogger póñenlle número á incógnita, e tamén enderezo, dentro de pouco, xa nin o nome poderá estar reservado.
Sígueo probablemente máis xente da que pensa e critícano tamén máis persoas das que pensa, os blogs persoais de opinión coma o seu, resúmense nisto, na exposición do eu nunha tentativa nimia de estenderse. Parabéns polos catro anos de darlle ao pensamento, ás palabras e ás imaxes.

Ana Bande ha detto...

vaia oh, se deixamos que nos afecte o share señor arume esto non ten sentido ningún, a graza está precisamente en eso, en escribir para ninguén, ou para un, o outro, falar para unha galería xa o fan os columnistas e tertulianos que escriben por cartos e aburren ata ás ovellas ¿ou non? déixese de comida rápida e quede nesta contracapa tan riquiña que con catro anos xa fala polos tecepésipés.

Chousa da Alcandra ha detto...

Ana ten razón. Pero que a teña non acouga todos os ánimos.
Ás veces hai ganas de comparar os blogs e mailas r.s. coas tabernas e mailas carrefuxos...
Mentras haxa teclado, seguiremos na taberna. Cando se gaste daremos a benvida ás locomotoras.
Saúde

Son Unha Xoaniña ha detto...

Na "Selva ..." hai un post que fala tamén neste sentido.
Pero eu vou a rivindicar os blogues, as outras redes sociais, si, son moi rápidas pero de poucas palabras. e a min gústanme as palabras.
Sigue co blogue, que hai moitos, eu son unha que gustamos deste xeito de comunicación.

paideleo ha detto...

Noraboa e a seguir outros tantos anos máis !.

folerpa ha detto...

Parabéns caro amico!

detective crepuscular ha detto...

O meu aplauso e aprezo para tod@s @s que non desmaiades e seguides abrindo a xanela virtual e comentando o que se ve desde ela. Parabéns por eses 4 anos, don Arumes, e que a cousa chegue polo menos a tantos anos como goles leva marcado a pulga de ouro nesta temporada.

Maribel-bel ha detto...

Felicitacións e que as musas sigan chamando a túa porta, te reconforte escribir e te agrade compartir. Un saúdo

unha xoaniña vermella ha detto...

Todo ten o seu momento.
O que nun tempo nos apaixoa, noutro nos aburre.
Unha persoa inicia un blog por unha [a que sexa] necesidade e algún tempo despois (non antes de 4 xaneiros niste caso) esa necesidade desaparece... da igual se é porque se satisface noutro lado [twit e fb agora]
ou porque, sinxelamente, algo se move...
Esta xoaninha vén de iniciar esta andadura e iso que escribo fast e que a impaciente ninguén me gaña.
Pero algo teñen os blogs, que terán os blogs?

carrascus ha detto...

Siempre hay alguien que le lee, amigo Arumes, no se preocupe por eso...

Felicidades, y p'alante.

Agrimensor ha detto...

Destoutra banda hai persoas que visitan a diario o seu blog. E que len con avidez o que vostede escribe. Así que, mentres o corpo lle aguante, non o deixe. E parabéns polo aniversario!

Pablo Jauralde Pou ha detto...

Creo que el coro ha sido suficientemente ilustrador. Y además.... ¡habrá que cambiar e intervenir y limpiar todo lo que significa comunicación! Y quizá partir de cero. Y de paso limpiar la palabra que ilustra este tipo de relaciones: "anarquismo", la forma de ser que recupera las relaciones directas entre individuos, por encima de las que se nos ha impuesto social e históricamente.