Conforme avanzan os días postinauguración, as noticias (tamén ruxerruxes máis ou menos constatables) sobre o edificio comezan a cadrar. En primeiro lugar, a posible mudanza administrativa dunha dirección xeral para alí. Non será difícil de comprobarmos en breve, pero os interesados/as (verbigracia, os funcionarios/as da cousa) largan algo. Non está mal: planteouse no seu momento, pero houbo quen dixo que era disparate. Aos poucos, a enteira consellería podía ter alí a súa sede e non sería, en todo caso, mal emprego.
Hoxe comunica o correo permanentemente comunicado coa sede sancaetana que haberá restorantes (xa vexo o Tagliatella e o Góndola X de rigor, cando non o Cañas y Tapas ou o Cambalache, sempre italianos, para levar a cativería que non come outra cousa ca dez spaghetti mal contados), cafeterías e tendas. O fin de todo centro comercial ou polígono residencial. O problema agora son os accesos e hai que chamar ao de Fomento para que lle poña enlace (antes era outra cousa) coa autopista, aproveitando que é daquí ou de perto, que é como se comprende a política en Galicia e supoño que en outras partes, habida conta das infraestructuras que os ministros soen licitar para as súas casas, sexan estas primeira ou segunda vivenda.
En fin, que vai cadrando a cousa. Vai collendo forma a biblioteca (con libros supoño que repetidos, enciclopedias e diccionarios que xa ninguén quere: tratarei de enterarme que teño informadores por alí) e o arquivo de Galicia. Hoxe estiven cun amigo no Guanabara, apurando un café mentres recollía o coche. Dígoo porque alí teñen os técnicos da consellería exemplares únicos de calendarios de Transportes El legionario e cinco sifóns da época preconstitucional. Por se lles fan falta.
4 commenti:
Faltouche un clásico compostelán: o Galeón. Se non hai Galeón, non hai complexo con posibilidades de papeo
É a primeira vez que che vexo caer nos tópicos menos elaborados. A Biblioteca de Galicia éche algo máis do que che contaron ou do que ti aquí amosas. Ten carencias abondas, tantas como as da inexistente rede bibliotecaria galega, mais os profesionais que alí traballan tamén merecen unha marxe de confianza.
Son precisamente os profisionais (cuxa profisionalidade nunca puxen en dúbida: bastante fan arranxando o despropósito) das Bibliotecas os que me fornecen a información. Gustariame estar trabucado: eu concibo unha rede bibliotecaria galega (unha prolongación ambiciosa do Bugalicia: diso sei algo), pero para iso non é necesario mercar 300000 libros. Nin por suposto 1000000. Sobre isto farei anotación máis acaída para que non pareza que caio nos tópicos, pero dígo que eu esa biblioteca nin ese arquivo nin nada do que se fai ou se intenta facer no gaiás (salvo levar para alí toda a consellería) lle vexo utilidade.
A sátira pode simplificar as cousas que digo, pero, como digo tamén no post, intentarei ser máis concreto no futuro.
ostras, disimules a intromisión mais atopo que criticar a CdC pode que sexa un tópico pero non infundado (ver abondosa bibliografía xeral e especializada ao respecto). Por outra banda, cando eu critico a facenda, á seguridade social ou ás forzas de seguridade do estado non estou poñendo en dúbida a profesionalade dos traballadores senón a calidade dos xestores da cousa pública, ou sexa dos políticos e gobernos que son os que deciden onde colocan o que recaudan. Por esa regla de tres todos caladiños porque amigos témolos en todas partes. Polo demais a cultura non precisa casas e macroesdificios carísimos (¿alguén sabe os cartos que diariamente custa manter aberta esa cidade cultural?) A cultura galega quedaría máis contenta con accións moito máis simples e baratas. Crear unha rede bibliotecaria seria, poñer a funcionar as bibliotecas escolares, dixitalizar o patrimonio documental...que un estudante universitario empregar os recursos das bibliotecas de Galicia co seu carné, facer efectivo o Plan Bolonia no que respecta ás bibliotecas universidades, dixitalizar as teses doctorais e facer repositorios coa producción científica dos nosos investigadores, becarios, eu que sei, unha chea de cousas que só custan un par de reunións e ganas de que "a cousa funcione".
Posta un commento