Non pensaba eu poñer hoxe ningún post neste arumedospiñeiros algo repetitivo e case decadente, a piques da despedida. Pero unha ollada a unha revista de frívola fascinación serviume para encher de novo este baleiro, esta fiestra branca onde escribo les míes caxigalines. A foto do rei e da dama -uns minutos antes dun concerto en xuño de 1956, imaxino baixo a calor abafante de Richmond (Valentina's last home) Virginia- é máis ca suficiente para erguer esta tarde de chuvias torrenciais e ceos grises coma panzas de burros.
Eiquí vai este deleite, este marabilloso don de linguas.
8 commenti:
O Pentecostés, se non lembro mal, eran unhas lapiñas enriba das cabezas dos congregados no cenáculo. Pero, ó mellor, trabuqueime.
Que foto máis curiosa!
Non debería vostede, estimado Arumes, abandonar este garito. Acudo a el desde hai un par de anos sen faltar case ningún día, e festexo cada un dos post que escribe, traten do tema que traten. Tamén lle direi que algúns deles fixéronme moi bo apaño nas clases de lingua que imparto a alumnos de bacharelato. En fin, xa sei que desde hai algún tempo andan os blogueiros algo desanimados e con tentacións de tirar a toalla, pero, polo que a min respecta, non atopo na rede cousa máis proveitosa e entretida, así que seguireino visitando mesmo se deixase de escribir, porque aínda me hei de valer do seu arquivo ou selección de blogs, que é magnífica. Parabéns, e fágame caso, home.
Subscrebo as palabras de M.DIÉGUEZ. De despedidas, nen falar, don Arumes. Que non se lle ocorra baixar a persiana, porque entón pode haber mais que palabras. Vostede adquiriu un compromiso firme coa parroquia leitora que o segue chovan chuzos ou ardan montes e iso non se pode atraizoar. Así que esquézase vostede de veleidades escapadizas e mantéñase firme ao timón, que non sobran mestres blogtimoneiros. Non te fode, o que faltaba, que queira librarse de nós. Até aí podíamos chegar, don Arumes. E non se fale mais, ostia!
A min tamén me daría un desgusto, e dos grandes, ver baixada esta persiana. Parécenlle poucos os locais que hai polo barrio nesa situación? Quere engadir un máis? E despois que faremos os que o seguimos desde hai tanto tempo? Hai que lle lembrar que a súa é unha voz distinta? En fin, desbote eses pensamentos pesimistas: xa falta menos para o verán!
Caso en Soria, hom. O twitter e o feisbú l'han begut l'enteniment? Mire o que lle dicimos todos e reconsidere a súa postura.
O blogue non é decadente. Decadentes son os tempos que estamos a vivir. Eu non lle vou poñer deberes, pois sei que ler é máis doado ca escribir, mais recende o arume dos piñeiros.
Don Arumes, pense en nós e non "defuncione" a xanela, que de defuncións está a vida chea. Pense que eu só veño aquí para botarlle unha ollada a algúns xornais e acceder ao seu e a outros blogs através de AS UVAS NA SOLAINA, que é o que teño en favoritos. Se quere que lle remorda a conciencia toda a vida, pois adiante, feche a xanela, apague a luz e marche para o seu "piccolo paradiso". É iso o que quere? Pois vale, adiante, non repare en desperfectos e déixese levar polo seu egoismo "paradisíaco". Mui ben, home, mui ben, así se fai, pensar só nun e aos demais que os parta un raio. Dicíalle que a vida é mui fráxil e está chea de defuncións, e é verdade. Onte mesmo morreu un compañeiro de traballo, de 57 anos. Así, de golpe, sen mais, dun día para outro como quen di. Encontrouse mal o luns, levárono ao hospital e xa non saiu con vida. Putos infartos cerebrais, ou como se chamen eses raios fulminantes. Toca ir a Sancho Dávila. Non sabe o que odio o nome dese tanatorio triste, atroz, sinistro. Así que divirtámonos mentras podamos e disfrutemos das pequenas cousas e dos piccolos paradisos que nos oferece a vida, entre os que se acha pasar por aquí e lé-lo a vostede. Fale do que queira e cuando queira, que non ten porque ser todos os días, pero non apague a luz, a piccola luz do día visto através dos seus ollos.
Posta un commento