Voume o mércores a
Polonia a ver como
reciben a un estranxeiro. Levo un pauerpoin para dar unha pequena charla, pero aínda teño que conseguir un pendrive e unha boa dose de tranquimazín para o aéreo. E, por suposto, uns calcetíns un pouco máis grosos para a neve. Xa contarei se teño tempo.
No cadro Adam Mickiewicz, o poeta polaco que dá nome á universidade á que vou.
4 commenti:
Conte todo: para a pouerpointizeixon ten que vestirse como o señor da foto no enlace. E polo do avión non se preocupe, carallo, que ten máis peligro chegar no coche dende onde vive ata onde traballa, dígollo eu.
Non creo que lle deixen entrar en Polonia ca carallada de gafas que estrea.
Pero se entra paseo ben e xa contará se atopou algún galego da Galiztia Polaca, que cando estiven en Cracovia no século pasado ainda había.
Isto de ir de congresos ao estranxeiro ten un serio problema: ou asistes responsablemente ás sesións e non ves case nada da cidade en cuestión, ou te escaqueas o máximo posible é vas de varanda. Hai xente que se pasea polo mundo adiante de congreso en congreso e pouco máis coñece que os aeroportos, o hotel e o lugar do congreso. Como moito, un restaurante típico e unha visita fugaz a un par de monumentos. Servidumes da vida académica moderna.
Pero que ben viven os universitarios;-)
Unha aperta e boa viaxe.
Posta un commento