Caxigalines nella Reguera'l Campizu

4 novembre 2008

OBAMA 61

Hai algo (entre outras moitas cousas) que me gusta de Barack Obama: que naceu o mesmo ano ca min. Vivan os e as da Highway 61.

6 commenti:

Anonimo ha detto...

Vivan!

Ana Bande ha detto...

ala...que mayor!!!! ¡¡¡bicos61!!!
Arume este bló está botado a perder...tiven que escribir "selameto" como palabra de autentificación ¡¡¡palabra!!! vixile o seu blogger

Anonimo ha detto...

Joder, a min o que máis medo me dá de todo isto é que o Obama este mola por cousas ben importantes: ano de nacemento, cor da pel, lugares de nacemento e crianza...

Aí lle vai alimento para o orgullo, pero tamén para a vergoña ;-)

http://es.wikipedia.org/wiki/
Categor%C3%ADa:Nacidos_en_1961

Anonimo ha detto...

Eu estou moi contento de que elixiran a Obama. Cando naceu, a xente da súa cor (non da súa raza, iso das razas é mentira) era segregada. É certo que inda está lonxe a igualdade total, pero esto é un signo de que os tempos estaban cambiando e que siguen a cambiar: o que vai daquela célebre imaxe da nena negra que vai ao cole protexida pola poli (que non terá hoxe moito máis aló dos 60 anos) ás nenas de Obama correndo pola Casa Branca. Alédome por todos nós
turmano

Anonimo ha detto...

Si, claro que iso está moi ben, o que pasa é que agora podemos celebrar iso porque xa non supón ningún cambio político: ¿qué me din do primeiro asesor que ficha Obama? un asesor dos demócratas que deixou a política, se fixo rico en WallStreet e agora volveá carga: apódano "Rambo". Xa temos o poli bo e o poli malo, o binomio González-Guerra, se queren; en efecto, chegou o cambio. (O cal non quere dicir que prefira a victoria deste mellor que o das patacas e que oxalá teña que entrar o vindeiro ano a retractarme emeter públicamente a lingua no cú)

Anonimo ha detto...

Obama ten un valor que vai máis aló da política: o valor do símbolo. Todos sabemos que a xente que chega ao poder ten as mans máis ou menos atadas e por tanto tampouco é que agardemos aí unha revolution. Así que teremos que contentarnos co que acaba de pasar: a revolutión xa está feita por canto un tipo negro de nome Husein foi escollido polo que se supón é unha nación racista, vingativa e simple (eu nunca pensei que fora ningunha desas cousas).
Ademais eu penso que as persoas tamén contan, que non é igual que ali arriba estea xan que pericán. Un home como Obama ten que facer as cousas dun xeito moi distinto ao visto ata agora, porque a súa bagaxe (iso que chaman eles "background") é totalmente distinta, o nunca visto. Eu son deses que cren que das mil diferencias entre, por exemplo, Aznar e Felipe G., 900 débense a que aquel era fillo e neto de próceres da patria da moi castelán Valladolid, e este fillo dun gandeiro de Sevilla. Por iso, e malia todo, penso que a cousa vai cambiar e, dadas as circunstancias, a mellor.

Turmano