Caxigalines nella Reguera'l Campizu

21 novembre 2008

ULAS MULLERES?



Na magna celebración do quincuaxésimo aniversario do premio Fernández Latorre, cuxa documentación gráfica aporta hoxe con boato o propio xornal que o convoca, boto en falta mulleres, moitas mulleres. Paréceme insólito (e inexplicable) ese viril panorama de traxes idénticos (e logo non poden os homes cumprir co protocolo con algo máis ou menos ca un terno de pantalón e chaqueta iguais con corbata sobre fondo, supoño, branco ou azul claro para ir aos saraos e ágapes?). 
Teño para min que fóra das conselleiras, a presidenta do Parlamento (estas porque non lles queda máis remedio aos organizadores do evento), Rosalía Mera, a muller do SFR (que repite foto), e poucas máis, hai unha chea de mulleres en Galicia que poderían estar nesas mesas (outra cousa é que queiran estar neste tipo de ceremonias) con idéntica ou máis acaída representatividade. Teño que confesar que non podo aturar tal desproporción (advirto, a ollo ben calibrado, arredor do 10%), alomenos no nivel icónico (con perdón) que unha información deste tipo proporciona.
Non sei se ao mirar o xornal pensan o mesmo ca min, pero esa sociedade que trasloce a reportaxe fotográfica non é a miña. Síntoo. E moito.  


2 commenti:

Ana Bande ha detto...

Non sei de que se laia, amigo Arume, é unha foto completamente fiel a unha realidade monocorte e perfertamente nor-mâle (creo que esta maliciosísima broma é do tamén singular Lacán)

Anonimo ha detto...

Sabe ben vostede que hai moitos mundos, pero que están todos neste. E hai mundos onde a muller está sobrerrepresentada, e outros nos que non. Por qué? Supoño que por razóns múltiples e variadas, pero unha delas (e intúo non a menos importante) déixaa vostede entrevista: "outra cousa é que queiran estar neste tipo de ceremonias".

Turmano