Vou pra Viena. É a primeira vez. Non sei alemán. Vou pra máis frío. Ven unha parella austriaca á miña casa. Eu vou á deles. Irei ao Prater. Escoitarei algún vals (non moitos, non vaia ser). Comerei ese pastel de mazá quente que me aconsellaron (non moitos, non son larpeiro). Verei, como emisario dos meus amigos, ao Klimt ese e os edificios Secesión. Pero a mín o que me gusta é tomar uns viños (o Riesling ese, que non sei como se di) e ver pasar a xente. Os cafés teñen sona, pero son demasiado nervioso para esa tranquilidade centroeuropea. Xa volo contarei á volta.
En Sevilla estarei tamén. Ao mesmo tempo.
7 commenti:
Don da ubicuidade?
Desfruta :)
Pois que lle vaia ben por Viena. Xa nos contará qué tal.
Boa viaxe, don Ubicuo!!
Xa estou esperando a túa volta e as túas fotos ¡disfruta!
entre pasa-la semana santa en viena,terra de sisi e rex,ou en sevilla,decantome por esta ultima...inda que seña con trankimaciño mezclado con un finito e unha pringá.
pasadeo ben....
Bo lugar para unha psicoanalise, abofé!
Xa contarás!
Eu teño ganiñas de coñecer Viena e a súa arte!!
Posta un commento