Caxigalines nella Reguera'l Campizu

21 aprile 2008

VENEZIA NO HORIZONTE


Ando moi liado últimamente, pero non podo deixar este vicio case insomne do blog. Escribo a todas horas porque teño que ir a Córdoba a un congreso sobre poesía. Pero tamén estou rematando un libriño dunhas cen páxinas sobre unha cousa erudita. Vou dun lado ao outro, recibo e escribo correos electrónicos, leo outros blogs interesantes, repaso a prensa diaria. Teño abertas agora no meu ordenador unhas seis pestañas. Esta dispersión pode perderme, pero non podería traballar nunha soa dirección.

Ao meu carón agarda solícito un libro fermoso: Venecia es un pez, de Tiziano Scarpa. E na páxina 13 atopo unha frase acougante: Perderse é a única maneira de chegar aos sitios que pagan a pena.

7 commenti:

Anonimo ha detto...

A min, se hei de ser sincero, esa frase sóame a Paulo Coelho.

Anonimo ha detto...

Fíase vostede do que dí unha páxina 13? Os libros como é debido pasan da páxina 12 á 14.

Anonimo ha detto...

Soar soa, pero máis me vai gustar a min perderme polo Cannareggio. En Italia o 13 non ten importancia. Digo eu.

folerpa ha detto...

Eu, que pasei os últimos meses nunha Venezia de papel podo confirmar que ese libriño paga a pena. Engadir tamén o xa clásico e extraordinario de Jane Morris (Altair)e o marabilloso rueiro de Corto Maltés Norma).
Agora só me queda visitar en persoa a Serenísima República.

Anonimo ha detto...

Ande amodo amigo.
Repouse e vaia tomar unhas tostas de bacallao, cun pote de Ribera.
Xúrolle que o mércores non vou co Manchester(?).

Marcos Valcárcel López ha detto...

Todos andamos un pouco perdidos: é doado identificarse con esa frase. Por certo, o Xulio de Rabal deixoulle un agasallo-foto futboleira nas Uvas.

Nuca ha detto...

Esa idea xa a lira expresada como que a liña recta é só o camiño máis curto ao destino