Caxigalines nella Reguera'l Campizu

21 settembre 2010

APUNTES TOSCANOS 3

Costa crer que a terra agostada e reseca tras a sementeira fora unha vez leira fértil. As fotos da primavera testemuñan a mudanza, pero este ano, de neves ata ben avanzado o calendario, permitiu ver a tintura verdescente nos campos da Toscana. E non é por falta de ríos. O Ombrone, que cantou Poliziano e que desemboca en Grosseto inundando arrozais, ou calquera dos dous afluentes -o precipitado Orcia que recibe as augas quentes de Bagno Vignoni ou o lánguido Arbia que acompaña a vía Cassia de Roma e Siena, entre cadros limpos de mirasois-nutren estes campos. É a canícula do verán, ese sol intenso que ilumina esas paisaxes, a que amarela as terras.
Este ano non houbo canícula; choveu algúns días e as nubes visitaron varias veces o horizonte. Mesmo así, o fotógrafo low cost intentouno. E foi poñer o móbil nun segundo apenas sobre os outeiros e pulsar a tecla oportuna. A paisaxe fixo o resto.

Nessun commento: