Caxigalines nella Reguera'l Campizu

16 settembre 2010

PREXUBILACIÓNS ANTICIPADAS


Comeza o curso e comeza o baile, o despiste. Pero tamén esa esquisita teima dos colegas de seren invisibles durante boa parte do tempo e de seren demasiado ostentosos nos momentos nos que teñen a ben descubrir a néboa do campus. Non sei se prefiro a súa ausencia, fértil para o mundo, ou esa estúpida obsesión por exhibirse tan inútiles nos pasillos que apenas xa recoñecen.
Que os prexubilen non sería mala opción se non estiveran desde o comezo xa definitivamente desaparecidos.

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Críptico post...

E eu que pensaba que falaba das caixas!...

Nas U hai un mundo en exceso endogámico e ensimismado...

U's?

UDC,
USC,
UVIGO,
e...
UPG.

arume dos piñeiros ha detto...

De críptico pouco: hai tipos/as que veñen os días xustiños do seu calendario particular e cando veñen dan o pegnazo vilmente.

Ana Bande ha detto...

os profes da universidade ¡a fichar pero xa! a abstinencia laboral dalgúns é xa delictiva, a semana pasada un tal XXX deixou colgados axs alumnos no exame de setembro...MCNH!