O país este toscano, non vaiamos pensar, moitas veces deixa moito que desexar en pulcritude, ordenamento e cuidado. Sobre todo nas cidades algo máis concurridas. Mesmo en verán que quedan semibaleiras. Nas vilas e pequenos núcleos de poboación hai tendencia á limpeza impoluta, exemplo para estes lares que habitamos. Non obstante, onde chaman máis a atención é na elegancia de cartaces, nos que exhiben un poderío de deseño e de imaxinación imbatibles. Este é un exemplo magnífico dun Don Giovanni nos xardíns Bóboli de Florencia e na encantadora Abbazia di san Galgano, a abadía que custodia a espada cravada en pedra do santo en cuestión. En plena Via dei Pispini, longa rúa de Siena.
Nessun commento:
Posta un commento