Caxigalines nella Reguera'l Campizu

7 settembre 2010

ORGANIZACIÓN EDUCATIVA

Na zona de Teis, probablemente a de maior densidade de centros educativos de ensino medio do país (Rosais II, ROU, A Guía, Teis), dase unha circunstancia particularmente estraña. Mentres nun deles (poñamos A) hai varios grupos en primeiro da ESO e tenden a reunir a un número non menor de 25 alumnos por aula, con picos de 30 alumnos en distintos grupos de distintos niveis, noutros da contorna, igualmente públicos, apenas teñen para un grupo en primeiro (12: no caso do B) ou para dous con folgura xenerosa (20 para cada grupo: no caso dun hipotético instituto C). Nos xesuitas o número de grupos tamén é elevado, axudado pola chegada ao colexio de xente procedente dos lugares máis afastados de Teis, nun caso ben curioso de aplicación da norma: os propios catálogos publicados por este coñecido emporio educativo, célebres entre a adolescencia viguesa, demostran que as familias non son, na meirande parte dos casos, veciñas da república de Teis precisamente.
Tal desigualdade, ben absurda sobre todo en épocas de vacas máis ben fracas, explícase polo distinto número de alumnos que procede das correspondientes escolas. Pero lonxe de compensala, manteñen a regla inamovible. Así, mentres nun lugar hai masificación (sen entrar ao análise das concecuencias), noutro apenas se crea o ambiente necesario (iso que algúns chaman rimbombantes masa crítica) para o desenrolo fóra e dentro das aulas dunha verdadeira convivencia colectiva e, polo tanto, educativa. Dame que a inspección, por non menear nin á dirección do centro masificante (falta lle facía, sexa dito) nin aos pais do mesmo centro que cren levar aos seus fillos a un high pero moi high school, non mudará nin jarta de grifa esta situación insólita.

Nessun commento: