Caxigalines nella Reguera'l Campizu

23 settembre 2010

APUNTES TOSCANOS 7


Durante unha homilía de agosto, o párroco da igrexa de san Lorenzo de Firenze, que non é pouca igrexa xa que garda nin máis nin menos cás tumbas mediceas miguelanxelescas, declarou que o aumento de vendedores extracomunitarios no mercado veciño (o coñecido polo turistas polas súas ofertas en prendas de coiro) facía perigar a identidade e a esencia do antigo zoco medieval florentino. A chegada de pakistanís, indios e magrebíes ao fronte destes negocios (coa ollada ademais posta nos establecementos cercanos de armacéns rexidos por chineses) supoñía, para este discípulo de savonarola, o principio do fin da italianidade e da florentinidade seculares.
Estiven tentado de lle analizar con ferramenta de biólogo o adn a este fulano por comprobarlle o pedigrí itálico. O noxo do experimento tiroume para atrás e preferín botarlle un vistazo a este posto do mercado por mirar onde podía atopar esa supostamente perdida italianità.

2 commenti:

Ana Bande ha detto...

¿vostede na misa Arume? diga que si, eu hai coma cousa dun ano estiven escoitando o sermón das doce na colexiata da Coruña e quedei pasmada...o cura era un moderador dun debate que ía sobre a postura intransixente da igrexa e alí os feligreses interviñan, pedían a palabra alzando a man e participaban...ás veces ata creo que o soñei...pero tamén na miña proverbial animadversión cara o sagrado pensei que tipo de revirada estratexia sería aquela do cura da colexiata...ogallá non se extenda o seu exemplo ou estamos perdidos. Estiven nesa fermosísima praza da que fala e ata merquei unhas botas para a neve...e papamos unhas boas pizzas pola rúa...de igrexas non quixemos saber e ademais lembro que cobraban moitísimo por entrar.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

O problema en Italia é que as homilías se publican ao día seguinte nos xornais. Roma locuta todo o día. Son protagonistas en moitos programas de televisión, mesmo en norias e sálvames.