Detrás xusto da Piazza do Campo e do espléndido edificio do concello, en plena contrada da Torre, a miña favorita porque hai só dous anos que gañou o Palio despois de gañalo en 1961, hai unha pequena rúa que, baixo un arco, acubilla a sinagoga de Siena. Pretendín vela varias veces pero foime imposible. Por iso gardo esta foto da lápida que se atopa sobre a porta, onde se recorda a fogueira erixida para queimar a varios xudeos en 1799 baixo o berro fanático de "Viva María". Por Italia, non é nada difícil atopar varios recordatorios das persecucións aos xudeos ao longo da historia. A min este paréceme dos máis precisos e contundentes.
Nessun commento:
Posta un commento