Caxigalines nella Reguera'l Campizu

21 settembre 2010

APUNTES TOSCANOS 4

En Cortona, xusto por riba da praza principal, ao lado do concello, nunha terraza con pérgola e entoldado para cubrirse do sol, está este local. O olivo, a placa co nome da praza, os colores da madeira, o biselado do cristal da porta, o nome antigo da trattoria desgastado e unha parede de cor terroso sen repintar: unha tosquedade inventada impera en toda a imaxe. Unha cuidada posta en escea que ilustra a pretensión estética de parecer o máis esencial e substancial posible. Ninguén pode negar o artificio de todos estes elementos, decapados a conciencia.
Pero o paradoxo é que, detrás desta escenografía impostada, atópase a tanxible humildade dunhas pappardelle sen máis adorno ca un ragú de lebre e un viño áspero en garrafa breve e sen nome.

Nessun commento: