Caxigalines nella Reguera'l Campizu

4 gennaio 2011

EU ERA PARVO E CANDO VIN A STEVE MARTIN FÍXENME DÚAS VECES PARVO


Por petición expresa do público entusiasta e por pura coherencia persoal e familiar adico este post a un dos meus actores favoritos. Pode que non pase á historia da arte fílmica por películas excepcionais (aínda que Pennies from heaven é unha marabilla, Roxanne é excelente e a versión de Dous seductores con Michael Caine non está nada mal), pero algunhas actuacións súas fanme rir sen conto. Xa sei que pode considerarse un rasgo de frikismo algo grave, pero, cando miro O pai da noiva ou calquera outra grandísima nadería do xénero, xunta as miñas fillas, consigo, de forma automática e perfecta, unha faciana de parva ledicia. Só por iso merece Steve Martin, ese tocador de banjo, que lle mande desde aquí o meu eterno agradecemento.

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Escribín un longo comentario que non sei onde carallo foi parar. Agora vou abreviar. Steve Martin versus Spencer Tracy? De veras? Non posso acreditar

Anonimo ha detto...

¡Ah, tratávase diso! Unha peneira previa a ver si o comentario vai acorde coa linaxe do blog. Logo xa...

arume dos piñeiros ha detto...

Tampouco eu: chego agora e non o atopo. Téñoo rexistrado no correo electrónico: póñoo de contado. Pero non sei que puido pasar co comentario do anónimo.

Celebro a sintonía familiar da que nos fale, señor Arumes. A estas alturas case vai sendo no único que eu creo -entendendo familia como o grupo que un mesmo creou, non o que lle veu imposto-, pero, como descoñezo practicamente todo sobre vostede, idade, profesión, nación, etc., non podo valorar a loa que vostede fai de O pai da noiva. Tendo en conta que, antes que Steve Martin, esa película a fixo Spencer Tracy -en estado de graza- en Catherin Herburg... Amén. A propósito, eu non vin a de Steve Martin, pero na de Spencer Tracy, a escena da porta que se abre e que se cerra mentres el prepara un prato na cociña, foi improvisada e introducida na película sobre a marcha. Se non a coñece, señor Arumes, non deixe de vela. Aínda hai clases, pese a que as emocións personais ninguén deba nin poda controlalas.
Non mo tome como crítica. Só é unha chamada de atención por se en vez de a fariña levamos o farelo.

Cumprimenti per 2011. Yo pronto estaré en Bérgamo y desde ahí, adónde consiga llegar.