Pasar unha boa parte da túa vida nun cuarto dunha casa que agora é un dos hoteis máis aprezados do mundo non deixa de ter a súa gracia. Pero sabelo hoxe tráeme inevitables lembranzas (entre elas a que mencionaba neste mesmo blog hai uns días sobre o Futuro imperfecto de Xulia, a quen felicito, por certo, pola magnífica acollida que está tendo), demasiadas, creo eu para esta mañán, melanconías.
Auguri para esa Ana Liñares (e para José Antonio, o seu irmán, e para os seus pais don Pepe e dona Preciosa) que vin nacer e correr de pequeniña polo comedor do Hostal Moure, a nosa casa (digo nosa, porque algún visitante deste blog tamén a fai súa) en Santiago.
Ilustración: a foto é a do meu cuarto concretamente. Xa falei desto noutro post, creo, pero a memoria volve sobre o mesmo. Volve.
1 commento:
Vasoira de mao!
Coido, de tódolos xeitos, que non era a súa habitación. Fáltame unha ventá. Esta debe ser a do lado.
Posta un commento