A actualidade manda (carallo).
Primeiro, o noso Little Bull ofrece urnas para Xaneiro: na pulposition ducias de aspirantes a invadir caetanos. O acolloante son estes meses perdidos.
E segundo il Cavaliere di Vigo que afea a Quintáboas por non afear a Adolfo que afea o urbanismo que afeou a cidade. O caíd non tolera. Dá igual que: o que importa non é a reprobación senón saír con esa impostura de monxa alférez nos telexornais ou telecidades para pronunciar diptongos e sempre os mesmos: eueueueu.
4 commenti:
Un pouco tontainas me parece a min este cabaleiro ponteareán.
Eu estaba convencido de que iamos ás portas do verán. Desculpas pola teima, Arume!
Il Cavalieri di Vigo usa alzas glotais. De aí que afoghe cando non chega á altura do que pensaba decer. Hai tempo que teño na meninxe, e agora reanímome, a idea facer un post sobre a estatuaria do prócer en posición de poñer un ovo dialéctico, dedo índice erecto, queixo altivo, páncreas hipertónico, esfínter apretado de monxa que non chega.
Estades clavando ó ínclito tipo este. meu deus, non hai quen o ature
Posta un commento