Unha débeda impagable ten este blog co d'As uvas na solaina. Hoxe estaremos en Ourense co que disque é autor da insustituible bitácora. Non sería quen son (aínda estou por ver) sen ese Marcos Valcárcel que asina e perfila, co seu tupé, as páxinas da fértil Auria. Eu quero desde este reducto facerlle chegar unha aperta, prolongada con todo o afecto do mundo este serán e esta noite en Ourense. Malia a neve, o vento e o inverno todo.
Foto: a vella ponte de Ponferrada que eu non coñecín. O río Sil baixa desde as terras de Babia, case en Asturies, e recorre o Bierzo e a Valdeorras ata chegar ao Miño. A auga que vemos pasar por Ourense e fundirse en Caminha co mar tamén é súa.
2 commenti:
Encárgolle que lle dea unha aperta da miña parte. Pasádeo ben.
Traia roupa de abrigo, que o calor, mesmo o da amizade, é unha cousa, e a temperatura é outra. E fai un frío de carallo.
Posta un commento