Caxigalines nella Reguera'l Campizu

18 novembre 2008

OUTRA IMPRESIÓN DE POLONIA


Había tempo que non visitaba un país con xente que falara tanto da súa identidade, do seu carácter nacional, como en Polonia. Epidodios, relatos significativos aparecen a cada paso, mesmo en persoas afeitas ás complexidades. Pois de nada vale: chistes de alemáns, rusos e polacos (sen subtilezas: todos dunha peza: excusan reproducirse) constitúen moeda común. Resultou moi curioso, por exemplo, escoitar de boca de dúas persoas distintas nun mesmo día a mesma anécdota para suliñar a gran consideración que teñen os alemáns sobre a condición rapaz dos polacos. Contaron a mesma historia dun polaco que se queixa de que lle roubaran o coche en Alemania e que obtén como resposta que vaia buscalo a Polonia porque seguro que alí o atopa. Coma esta outras tantas, sobre o complexo de inferioridade, o pesimismo vital ou a inclinación patolóxica á bebida (graduada). 
Como non comparto tales teses sobre caracteres e identidades (e menos aínda dese teor determinista e xeneralista), sentín que me perdía. Pero aproveitei a gracia (que eles mesmos lle vían) do conto e botei unhas gargalladas, mentres contaba os segundos que duraba o krupnik dentro do vaso antes de ser engulido cun nasdrovie. 

29 commenti:

Mingos ha detto...

Krupnik! Vaia por Deus, canto tempo fai que non o tomo!

Os chistes dos coches roubados son moi populares en Polonia (supostamente era un anuncio publicitario en Alemaña: "Pase as vacacións en Polonia, o seu coche xa está alí!" ou outro de "Por que os rusos cando van a Alemaña, rouban dous coches á vez? Porque volven por Polonia"). Sómosche así, dámonos conta dos nosos defectos e da nosa fama, e canto peor sexa, máis gracia nos fai :). Os polacos somo raros...

Pero o krupnik non nolo quita ninguén!

Anonimo ha detto...

Polo que vexo esqueceuse vostede de falar da beleza das mulleres polacas. Cando volva fíxese, home!!!

Mingos ha detto...

Vivín en Polonia ata os 22 anos. Xa me aburriron as polacas. Agora ando detras das galegas, que me parecen moito máis bonitas...

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Non esquecín, anónimo amigo. Xa o teño interiorizado.
E, amigo Mingos, xa contará vostede daquel país. Ten aquí tribuna libérrima para extenderse: eu agradézollo infintito.

Mingos ha detto...

Conto o que faga falta :). E a ver se consigo unha garrafiña de krupnik para organizar unha cata eiquí en Vigo :).

Anonimo ha detto...

Coñece vostede ao Wojciech Charchalis?

R.R. ha detto...

Supoño que ten que ver moito o complexo de inferioridade e o goberno aí atrás dos demoníacos xemelgos. Ademáis, sospeito que a fonda relixiosidade -o ultracatolicismo, mellor dito -case sempre necesita desa outra pata feble que é o nacionalismo para se soster. Como se por si soas cada unha desas trolas non desen para encher por completo un cerebro humano. Non sei se me explico, pero seguro que hai debate...

R.R. ha detto...
Questo commento è stato eliminato dall'autore.
Mingos ha detto...

r.r.: os xemelgos seguen aí, só que agora un deles deixou de ser o primeiro ministro. O outro é presidente da república e quédanlle 3 anos. E o presidente da república ten bastante poder... Demasiado, para o meu gusto.

E por suposto que non son os xemelgos a causa do noso complexo de inferioridade, iso ven de xa fai moito tempo. Cando eu era neno, aínda baixo o xugo comunista, non nos sentíamos nada máis orgullosos do que agora. Pero claro, os xemelgos non axudan moito neste aspecto, máis ben o contrario, fan que nos sintamos cada vez máis a ovella negra de Europa. Ou o pallaso de Europa. Non como xente, senón como país. Sentindo vergoña allea.

A Wojciech Charchalis non o coñezo (se a pregunta foi dirixida a min). Quen é?

R.R. ha detto...

Non quería eu dicir que os xemelgos fosen os responsables, quería dicir exactamento o mesmo que ti, Mingos, que dende fóra dá a impresión de que o alimentaron.

E coidado co de usar a palabra "pallaso" como algo despectivo (atento á imaxe que eu gasto).

Pallaso: Dignísimo oficio antigo consistente en cantarlle ós poderosos as súas miserias antes de dexenerar nos actuais fabricantes de risas frouxas. Por fortuna, algúns pallasos seguen mantendo os costumes de antano. ;-)

Anonimo ha detto...

Coñecino en Poznan: fomos con el de copas e rímonos moito coa súa natural simpatía e coas súas ganas de vivir a vida e, sobre todo, a noite. Viviu moito tempo en Porto e conserva un portugués marabilloso así coma un español tamén extraordinario. Pasámolo estupendamente con el.
Cando cheguei aquí puxen o seu nome en Google. Eu sabía que era traductor de Torrente, pero ignoraba que tamén traducira ao polaco a Muñoz MOlina, Vargas Llosa, Lobo Antunes, Mia Couto, Javier Marías e a un longo etcétera. Poden comprender a miña gratísima sorpresa por ter estado probablemente cun dos traductores máis importantes de polaco desde o español e o portugués.
Estableceu na súa charla un parangón entre Polonia e Galicia moi discutible pero moi divertido. Xa lles contarei, pero xa adianto que cría que comparten os dous países idéntico complexo de inferioridade. ;))

Mingos ha detto...

Hm... Non me refería á palabra "pallaso" neste significado, que en inglés sería "jester" (literalmente, bromista). Máis ben, "clown", na súa acepción despectiva. Aínda así, véndonos como alguén que fai rir ó seu superior non ten gracia ningunha.

Aclaremos: os polacos temos a impresión (e ben fundada) de que os demáis países estended os seus dedos índice apuntándonos e dicindo: "míraos, qué risa dan!". E nós, acurrucados nun rinconciño, mirámolos cos ollos moi abertos, cunha mestura de vergoña e admiración neles...

Mingos ha detto...

Traduciu a Mario Vargas Llosa??? Hm, eu son fanático das novelas del, teño todo o que saíu en polaco... Vou ter que mirar os tradutores dos libros, cando vaia a Polonia en decembro. Sei que o mellor de todos é Carlos Marrodán Casas, ten un polaco extraordinario. E tamén Danuta Rycerz, que creo que traduciu "La Fiesta del Chivo"...

De todas formas, a min Poznań quédame algo a desmán :). Pero coñezo á tradutora da única novela en galego que se publicou en Polonia ata a data: Maria Filipowicz-Rudek. Primeiro lin o libro, "O lapis do carpinteiro" de Manuel Rivas, en versión polaca. Logo coñecina persoalmente e ata cheguei a comer na súa casa (por certo, cociña de marabilla!). Máis tradutores non coñezo... Aparte de min mesmo...

R.R. ha detto...

¡Ai, Mingos, por favor! ¡Tradúceme ó polaco! ¡Decimos que é unha novela e seguro que vendemos algún libro! ¡Arumes, faime márketing! ¡Turmano, axuda!

Sobre o do pallaso, por se se entendeu mal: os pallasos falan á xente dos defectos dos poderosos (e os poderosos, antes, ás veces ían velos por fisgar no que se dicía deles). Esa é a acepción que a min me gusta.

R.R. ha detto...

Sobre os clowns di un bo amigo: ¿un clown? ¡os clowns son pallasos pijos!

Mingos ha detto...

r.r.: faríao con moito gusto, pero o único que traducín que sexa literatura foron uns poemas de Zbigniew Herbert (traducir poesía ó galego é difícil, creme), un conto de terror de nin me acordo quen e un fragmento de "Cartas a Lelo" de Neira Vilas. Aparte diso, traduzo manuais (xestión de proxectos, responsabilidade social corporativa...), cartas formais e todo tipo de contratos, convenios e estatutos... Non é exactamente literatura... Pero cando se faga algo de publicidade e reciba un encargo dalgunha editorial polaca, traduzo o que sexa :)

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Hai que falar cos de Xerais. Seguro que se Brétemas le isto, ponse de inmediato en contacto con vostede amigo Mingos e con algunha editorial polaca para o choio: deixe aquí recado, por favor.
E vostede, amigo RR, mándelle o libro para que o vaia lendo. Arrecarallo: que o rr en Polonia ten que vender. De seguro. E vamos alí a presentalo.
Non puiden coñecer a Maria Philipowicz porque se atopou enferma e ben que o sentín porque falaba de Dieste nise mesmo congreso.

Mingos ha detto...

De Rafael Dieste? Ti non irías por alá polo ano 2005 ou tal vez 2004? Acabo de recibir un mail dun "incerto catedrático sen cadeira" (síntoo, macho, non puiden resistir a broma, espero que mo perdoes, jajaja) que falou de Dieste en Varsovia e logo en Cracovia por aquela época e relacionei os feitos...

No caso de que haxa ofertas, eu ocúpome da tradución con gusto. Nunca traducín nada de teatro, pero estaría ben intentar.

Mingos ha detto...

Agora que o penso, hai unha proposta dun proxecto europeo sobre o intercambio cultural que inclúe o tema das traducións de obras en linguas minoritarias... A miña empresa non está interesada en meterse no asunto, pero eu e máis un colega meu estabamos pensando en intentar montar algo pola nosa propia conta. O rollo está financiado do Fondo Social Europeo. Queriamos falar do tema con Víctor Freixanes (é veciño do colega este e foi tamén veciño meu durante un ano e medio), a ver se estaría interesado en participar... Estou falando en serio, podería ser unha iniciativa interesante, non credes? Se conseguimos a atención de Xerais ou de Galaxia, sería algo realmente estupendo...

Anonimo ha detto...

http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=1232513

Mingos ha detto...

A ver, sr. gato, que páxina é esta á que vincula o seu nick, eh? Porque con Kantor moito non ten que ver!

Anonimo ha detto...

Fálenos de Leilía no Vístula, Mingos.

Mingos ha detto...

Home, no Vístula, o que ven sendo o río mesmo, creo que non chegaron a meterse. Polo menos non cando as acompañaba eu. Pero os concertos saíron moi ben. Houbo rollos (devolvéronlles a maleta cos traxes con retraso duns días, así que en Varsovia saíron coas camisetas de Son de aquí, en Cracovia houbo pouca xente... e o meu micro cruxía cando me estaba movendo e tiña que falar estando todo teso), pero ben. En Varsovia fixemos o rollo na sala máis grande do teatro do casco vello e a xente non coubo toda, foi unha loucura. En Cracovia, xa sabes, o concerto foi coma unha cereixa encima dunha tarta. Antes estivéramos na casa de Maria (aínda hoxe me lembro daquela comida!), fixéramos algo de turismo, xa sabes, as minas de sal (Feli e Montse cantaron "O meu amor" na igrexa subterránea, foi algo impresionante!)... Non sei, estivo ben. Pregúntalle a Maria se non ten a gravación do concerto, igual cha pode pasar. Eu non a teño. E o de Varsovia non se filmou, que eu saiba. Só quedan memorias. Todas boas, claro.

R.R. ha detto...

¡Mingos, texto enviado! ¡Falamos!

Arumes, gracias por celestinear, débolle un pipote. ;-D

Anonimo ha detto...

Eu tamén quero ir a Polonia. Traducido ou sen traducir, tanto me ten. :-)

Mingos ha detto...

recibino, gracias, r.r.! Respóndoche máis tarde, que agora estou no choio e escribir epístolas é un pouco arriscado :).

Anonimo ha detto...

Arume, isto é un mercado persa. Poña unha foto dos ollos de Boguszewicz, que quero oír ó Varta.

R.R. ha detto...

Mortimer: ¡peor! Pero xa paramos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Estou encantado de facilitar o comercio de letras. Os ollos de Boguszewicz serán buscados e serán colocados convenientemente.