Ábrese a frol do azahar dos laranxos que comparten cos camelios a rúa García Barbón en Vigo. Arrecende, coa súa efímera podremia, un profumo íntimo de primavera.
6 commenti:
Anonimo
ha detto...
Praza do Salvador. Xoves Santo. Manzanilla xitana. "Capillitas" e "capirotes". Paixon. Estudantes. Silencio. Macarena. Sevilla cheira a azahar.
O de Sevilla son palabras maiores, Triana e Besbellinha. Ver pasar o paso do Cristo da Pasión pola Praza do Salvador ás seis da tarde do xoves en silencio, con ese arrecendo a azahar, cirio, e gambas á prancha da Alicantina, é único. O da podremia é especie de entendidos: que o arrecendo das froles procede precisamente da súa putrefacción por mor da calor. Sen ise proceso as froles non ulen. Disque. Besbellinha, se vides a Vigo, co ben que o pasades por Corunha adiante, incendiades a noite, xa de por sí incendiada, que aquí como todos os de corunha seredes moi ben recibidos. Que o pasedes ben, aínda que non fai falta decírvolo.
Pois eu plantei un ciruelo (con perdón) e xa está floreando que mete medo. Anda algo coxo dunha póla, mellor dicir manco, pero alí está, teso (con perdón de novo) coma un xogador do futbolín.
de la highway 61 lucícheste a máis non poder contando como florean os capullos do ciruelo (con perdón).
Pois a ver, eu a Vigo teño que ir, non sei se esta finde ou que, porque son cousas do traballo e todo iso, pero vamos, se hai que incendiar algo aí vamos, sempre que haxa bombeiros dispostos a apagar lumes.
poucos perfumes teñen mais sentidos, máis memorias, mais sentimentos que ese perfume forte e doce e un chisco picante do azahar. Aquí teremos que agardar ata setembro, pero ben merece a pena...
6 commenti:
Praza do Salvador. Xoves Santo. Manzanilla xitana. "Capillitas" e "capirotes". Paixon. Estudantes. Silencio. Macarena. Sevilla cheira a azahar.
Non fales de podremia que non é tal ho, e si, lembro o cheiro a azahar de Sevilla, que bos recordos.
A Vigo iremos en breve a ver se tamén levo máis bos recordos da cidade.
O de Sevilla son palabras maiores, Triana e Besbellinha. Ver pasar o paso do Cristo da Pasión pola Praza do Salvador ás seis da tarde do xoves en silencio, con ese arrecendo a azahar, cirio, e gambas á prancha da Alicantina, é único.
O da podremia é especie de entendidos: que o arrecendo das froles procede precisamente da súa putrefacción por mor da calor. Sen ise proceso as froles non ulen. Disque.
Besbellinha, se vides a Vigo, co ben que o pasades por Corunha adiante, incendiades a noite, xa de por sí incendiada, que aquí como todos os de corunha seredes moi ben recibidos. Que o pasedes ben, aínda que non fai falta decírvolo.
Pois eu plantei un ciruelo (con perdón) e xa está floreando que mete medo. Anda algo coxo dunha póla, mellor dicir manco, pero alí está, teso (con perdón de novo) coma un xogador do futbolín.
de la highway 61 lucícheste a máis non poder contando como florean os capullos do ciruelo (con perdón).
Pois a ver, eu a Vigo teño que ir, non sei se esta finde ou que, porque son cousas do traballo e todo iso, pero vamos, se hai que incendiar algo aí vamos, sempre que haxa bombeiros dispostos a apagar lumes.
Saúdos!
poucos perfumes teñen mais sentidos, máis memorias, mais sentimentos que ese perfume forte e doce e un chisco picante do azahar. Aquí teremos que agardar ata setembro, pero ben merece a pena...
Posta un commento