Cando viviamos en Ponferrada a esta parte do río sempre a chamabamos o Barrio de los judíos. Cando viviamos alí nada disto xa había: unha morea de casas novas á beira do río, e o edificio de Correos como principal referencia, pero nada do que aquí aparece.
Agora miro esta foto e un pouco á esquerda mírase o edificio da antiga sinagoga, edificio e nome que non existían cando viviamos alí polos anos 60 do século pasado.
Ver esta foto e lembrar o nome que levaban na cidade onde nacín as agora chamadas limonadas de semana santa faime entender de que país de sangues vertidos veño.
1 commento:
Descoñecía o de Ponferrada. En León, un frade marista -a miña relación con el necesitaría una explicación demasiado cumprida- invitoume a percorrer o Barrio Húmido para "matar judíos". Era o Domingo de Resurrección.
País de sangue. Non está mal expresado. É unha das miñas torturas íntimas, se se me permite o egocentrismo.
Non o dou dixerido.
Posta un commento