Caxigalines nella Reguera'l Campizu

25 marzo 2007

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Ambiciosa resulta esta iniciativa kalandraka, afianzada polo Concello compostelán. Alí han estar, entre outros, Marc Taeger e Kiko Dasilva, así como Paula Carballeira pola súa fermosa Smara, ilustrada por Carole Hénaff, e Xulio Gayoso, autor de A Banda de Vilacendoi, un dos libros para nenos máis fascinantes do ano pasado. Na Galería Sargadelos de Santiago, a partir do 26 de marzo. Parabéns para os kalandrakos e, sobre todo, para as kalandrakas, tan entusiastas e merecentes de tantas honras.

[Eduardo Baamonde, Barcos de Tragove, 2003]

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Eu son un ignorante (tremede, que cando empezo así...) pero digo eu se os cativos non estarán xa moi animados á lectura: literatura e formatos especializados por idades, espacios específicos dentro das bibliotecas, bibliotecas escolares...
Non está mal, mais coido que a quen habería que animar era aos adultos, sobre todo aos xubilatas que pasan demasiadas horas mirando a tele en horario infantil. A ninguén se lle ocorreu facer unha literatura ou formatos específicos para eles?

Ana Bande ha detto...

¡que grande idea! hai un tempo había algún proxecto editorial, chamábase "letra grande" ou algo así, pero xa hai tempo que non vexo estes libros polas librerías. Efectivamente, hai moitísima xente maior e non tan maior á que habería que achegar ao mundo da lectura para facerlle un pouco máis levadeiro tanto tempo de ocio.

Moralla ha detto...

Moi boa iniciativa. Os libros de Kalandrka son fermosísimos e resplandecen pola súa imaxinación e cor. Perfectos para a creatividade dun neno.
apertas
Yoli ;-)