Caxigalines nella Reguera'l Campizu

26 marzo 2007

TALENTO 2

É xa tema recorrente nesta bitácora a exaltación da excelencia acadada en moitos orbes da investigación e dos estudios en Galicia. Hoxe Ferrín, co éxito de Antía Tresandi, alumna do Santa Irene, afirma que "Son moitas as persoas novas que, formadas en Galicia, acadan niveis académicos e científicos de altura transnacional. Mesmo poderiamos considerar que a que hoxe flores nunha primeira madurez científica, é a xeración mellor formada da Historia de Galicia. O mérito correspóndelle, ante todo, a esa mesma mocidade estudosa, pro tamén ao sistema educativo público que soubo iniciala e preparala e a aquelas familias, principalmente de clase media e traballadora, ilustradas e con fe na función liberadora da cultura, que animaron e apoiaron estes rapaces e raparigas". Mágoa que haxa que demostralo fóra. Vai sendo hora de que nos decatemos do talento que eiquí atesouramos.

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Unha verdade tan grande coma esa hai que berrala.
Eu mesmo asistín hai uns días a unhas audicións no conservatorio do meu pobo e pensei (non expresei porque non sei) o que Ferrín di: alí, nun pequeno pobo calquera, nun conservatorio municipal (público), ás sete do serán dun martes tamén calquera, uns rapaces, nenos e adolescentes (algúns maqueados como se actuaran no Madison), amosaban cunha seriedade pasmosa un dominio envexable dos seus instrumentos, dominio acadado tras horas, días, semanas, meses e anos de práctica e instrución. Alí estaban os seus pais e irmáns. Alí estaban os seus mestres, esa xente que co seu labor calado e tan pouco apreciado crean país día a día. Sentinme orgulloso tan só de estar alí e de participar coa miña presenza (qué pouco é) do seu traballo.
Ferrín, Arume: hai que berralo, non podemos caer no desacougo.

Anonimo ha detto...

é vergonzoso que os nosos mozos teñan que seguir emigrando porque na nosa terra non se recoñece a sua valía pra podela utilizar no ben do noso país

Anonimo ha detto...

gastamos diñeiro en becas e formación que logo non aproveitamos . Galiza onde vas así