Quere o asiduo e querido visitante Erre que lle proporcione información sobre onde ler Cuento de cuentos. No comentario correspondiente dou datos da edición exemplar que preparou Azaustre para a Nueva Biblioteca de Erudición y Crítica da Editorial Castalia. Pero tamén proporciono enlace para a edición que calquera pode ler: nesa desembocadura virtual que supón a Biblioteca Miguel de Cervantes que a Universidade de Alicante montou hai uns anos e que agora recolle moi boa parte (textos, sobre todo: facsímiles en grande medida) da literatura digamos clásica en lingua española.
Este portal, nacido con ambición informática pero contidos limitados, convertiuse en pouco tempo, precisamente pola súa prestación electrónica, na residencia habitual da información que os distintos departamentos universitarios de literatura en lingua española, especializados nun autor, nun periodo, nunha época, foron elaborando durante anos. A Biblioteca Nacional está a facer semellante esforzo (obrigatorio para unha institución pública: o de proporcionar acceso universal aos seus fondos, nunha enésima volta de parafuso do planteamento ilustrado), pero o do Cervantes Virtual (non confundir co Centro Virtual Cervantes, do Instituto Cervantes: moi hispánica esta redundancia nada redundante) resulta admirable.
5 commenti:
Impresionante e imprescindible. E todo foi pola visión e o empeño dun Rector
Quevedo. Escritor entre escritores. Eu apúntome, modestísimamente, na tradición quevediana -¿quevedesca?-. Ademais, iso abre outra porta: ¿por que un escritor galego e en galego reivindica Quevedo?
Non teño percorrido suficiente, por diversas razóns, pero ¡cómo me gustaría destripar, un por un e todos xuntos, nun grande retábulo ou fresco ou Gran Guiñol, todos os esgrevios actantes do Século de Ouro. ¡Uf, cómo me gustaría!
Moitisímas gracias, Don Arumes. Millóns delas e un abrazo.
Ademáis, confésollo, desasnoume coa aclaración da redundancia nada redundante. Eu era dos que non entendía a duplicidade cando San Google me mandaba por aí.
O que non corre (con perdón), voa. Nestes saraos da cultura. Logo falan de plaxio. Imaxinémonos por un instante/ un copyright de Cervantes. Unha SGAE para el só.
A barra da frase púxena despois cando vin que era ar/ripiante.
Posta un commento