Chegamos xa á pregunta capital do tráxico periodo de quince anos berlusconianos: pode governar un país democrático un lider que desde hai tempo é o choqueiro do mundo polas súa festas con prostitutas menores de idade, pagadas e disfrazadas de enfermeira para excitar ao sátrapa canso? Con toda evidencia, non. En calquera país normal un presidente de governo envolto no ridículo e na sordidez deste escándalo sería xa retirado para a súa casa, para defenderse sen implicar ao Estado na súa vergonza.
A xustiza dirá se hai delictos con menores e se hai suborno, como a Procura de Milán establece con convicción. Pero namentras, isto que se desprende dos papeis xudiciais é suficiente para un xuízo político de total inhabilitación para exercer o liderato de governo e a representación dunha democracia occidental. A inconsciencia do límite, a desmesura elevada á regula de vida, a concepción da relación entre home e muller, todo xunto dá forma a un permanente abuso de poder que mancha as institucións e ofende ao Estado.
Que sexa unha enfermidade, como denunciaba a exmuller do premier, ou unha perda de control pouco importa ao cidadán. Desde hai dous anos, a política é prostituida por un primeiro ministro que teme as revelacións sobre as súas noites, é vulnerable por parte dos seus ligues ocasionais, é atraido por menores, declara a guerra ás interceptacións e aos xornais só para defenderse da acumulación de escandalos que o sobrepasan: e por riba minte e convida ás rapazas mentir.
Todo isto é xa público, todo é inevitablemente político. Mesmo o último acto: dimita e vaia defenderse, se pode, aos tribunais da República, evitando destruir o templo consigo mesmo.
1 commento:
Berlusconi pode que represente precisamente un estadio, se non superior, sí avanzado da democracia en occidente. Aquela na que a cidadanía, xa efectivamente desencantada da política, renuncia a calquera control sobre os seus políticos. Tamén pode ser peor, e a italiana sería un paradigma de sociedade definitivamente alienada e sumisa fronte ao poder da apariencia do efímero. En todo caso, a anormalidade que vostede comenta semella máis unha cortina que “se corre” case sen querer. E esta despreocupación e desidia fronte a todo o que cheire a moralidade, ética ou responsabilidade debería como pouco, asustarnos.
Posta un commento