Caxigalines nella Reguera'l Campizu

15 marzo 2007

MAL POLONIA


O Goberno polaco aproba unha lei para obrigar aos seus cidadáns a confesar que non tiveron relación co réxime anterior comunista. Tal declaración xurada pode contrastarse cos datos que o estado conserva e se descubren que minten poden prohibir o exercicio da súa profesión ou encausalos con acusacións máis graves. O goberno dos irmáns xemelgos Kaczynski, xa coñecido polos seus excesos ultranacionalistas nunha nación especialmente patriótica e ultracatólicos nun país que salienta pola súa fe relixiosa, descrebe a lei do péndulo de tantos países ultraxados e sometidos polas dictaduras comunistas.

A mín esta cuestión desacóugame de xeito especial, xa que aínda que non coñezo o país, coñezo moitos polacos que veñen estudiar nas nosas universidades e podo afirmar que son as persoas máis preparadas, capaces e competentes que coñezo. Teño comentado esto con moitos colegas e todos, sen excepción, confirman a miña opinión. A xente que viaxa a Polonia, con Erasmus ou con algún tipo de intercambio docente ou comercial, descubren un país extraordinariamente amable, de educación eficiente (cun coñecemento de linguas envexable) e cunha especial curiosidade por todo o que atingue ao noso país (Galiza e España en idéntico sentido). Agora mesmo en Vigo hai un centenar de estudantes que poden exhibir orgullosos a súa capacidade, o seu talento, admirado por todos nós, mentres no seu país arrecian os ventos de represión, censura e intolerancia. Ogallá remate cedo esa ignominia, polo ben desta xente exemplar.
[Rembrandt, Paisaxe de tormenta, Herzog Anton-Ulrich-Museum, Braunschweig]

5 commenti:

Mario ha detto...

Buf, é que a medida case parece tirada do outro lado, ou polo menos inspirada nos mellores anos do estalinismo. A min contáronme que Polonia é un dos poucos sitios onde o lumpén-proletariado está moi moi politizado, e non precisamente na esquerda.

moucho branco ha detto...

Eu tiven un compañeiro polaco de traballo durante case un ano. Hoxe somos amigos e quedamos de cando en vez para tomar algo, anque nos intercambiamos correos cada semana. Compartimos a paixón polo rock e polo baloncesto, pero sempre estamos discutindo de política. É visceral e irracionalmente anticomunista, sobra decilo, anque curiosamente a descripción que fai da Polonia socialista está tinxida de moitos elementos nostálxicos e dista de ser apocalíptica.

Anonimo ha detto...

O xeito de levar adiante iniciativas dese tipo é propio do fascismo agora eu estou de acordo de que os que apoiaron e se beneficiaron das ditaduras pagan a súa débeda coa sociedade. Non se pode esquecer.

Anonimo ha detto...

Sinto unha enorme tristura con novas deste tipo. É terrible que se obrigue á xente a acusarse a si mesma. É fascismo total e absoluto. O Gran Irmán.
Non saen dunha e xa se meten noutra. Claro que, como di Arume, sendo fondamente nacionalistas, anti-comunistas e ultracatólicos, dificilmente van saír adiante dun xeito medianamente decente.

Anonimo ha detto...

Unha cousa tamén rechamante é o seu proamericanismo, sobre todo nos sectores progresistas da sociedade. Lembro algunha conversación neste sentido con persoas críticas coa Igrexa e cos partidos dereitistas que quedaban sorprendidos do antiamericanismo que vían en España. Pode que a emigración de boa parte do país aos EE.UU. sexa parte da razón desta tendencia.