Caxigalines nella Reguera'l Campizu

12 marzo 2007

O MEU JOHAN


Despois da descarga emocional, irracional, como diría o grande Montalbán, do sábado noite, só a lucidez extraordinaria de Johan Cruyff pode explicar convincentemente o sucedido.

5 commenti:

Anonimo ha detto...

Palabra de Deus...
Louvámoste, Señor.

Raposo ha detto...

Johan parece que non está contento co partido. Houbo espectáculo pero non se xogou ben.
Johan foi tan grande que quería as duas cousas. Eu entendoo.

Anonimo ha detto...

Estou de acordo en liñas xerais co comentario de Cruyff. É certo que o partido foi moi emocionante, tensísismo. Eu aínda hoxe estou penando esa tensión cunha molesta e tenaz dor nas cervicais. Pero, dende o punto de vista do Barcelona, foi un despropósito. Xogar con tres defensas, ademais das cousas que di Cruyff, esixe ter detrás tres tipos seguros e rápidos. E durante toda a primeira parte Thuram parecía un futbolista máis axeitado para a liga de veteranos que para a Primeira División. Oleguer estaba descentrado e algo nervioso de máis. E Pujol non podía con todo. Márquez tamén está en horas baixas, inseguro na saída, lento e impreciso nos pases. Deco non tivo o seu día.
Aínda así, é certo que o Barcelona, na primeira parte e cando se achegaba á área do Madrid, transmitía unha sensación de perigo e de profundidade que había moito tempo que non se lle vía. O partido, se non fose polos dous fallos defensivos de Thuram e Oleguer que propiciaron os goles brancos, puido quedar sentenciado cun 2-0 xa na primeira parte.
Eu creo que o problema do Barcelona hoxe non está nin no sistema táctico nin, por suposto, en Ronaldinho, sempre benvido. O problema éstá na súa defensa, que non é fiable. Non o son Thuram nin Oleguer nin Márquez, pero tampouco o é Zambrotta, unha fichaxe innecesaria, e nin sequera Belletti, que todo o que ten de bo ofensivamente o ten de malo como marcador. Os recambios posibles -Edmilson, Motta- tampouco son gran cousa. É imprescindible incorporar para a temporada próxima xogadores que ofrezan garantías neses postos. Thuram debeu ser contratado hai cinco anos, cando era o mellor central de Europa. Pero andar ás rebaixas é o que ten...

Anonimo ha detto...

O meu amigo Bieito, de quen descoñecía que fora culé, comme il faut, escribe hoxe no Correo:

O sábado conectei o canal satélite no número dezaseis do dial, onde se preparaban para televisar o evento deportivo do ano, un Barcelona-Real Madrid que, nesta parte do mundo, exemplifica aquel principio maoísta da loita popular prolongada. Se non entendín mal (teño problemas á hora de descifrar os spots), Andrés Montes, narrador do clásico, anunciou na previa un champú anticaspa. Como queira que o tal locutor presenta un cranio pelado igual que un coio de río, experimentei a mesma perplexidade que no seu día (alá por 1950) asaltou aos espectadores na estrea da obra teatral avangardista A cantora calva, de Ionesco.

Nos primeiros compases do encontro, superposta á narración oficial sentíase a retransmisión en éuscaro, hermética para os que descoñecemos ese idioma pero dalgún xeito acaída ao espectáculo despregado no Camp Nou, porque, así como nos glosarios de filosofía son imprescindibles o grego ou o alemán, na linguaxe balompédica figuran onomásticas de resonancia vasca e inmortal: Gorostiza, Zarraonaindía.

O partido en si foi atabanado (os xogadores voaban dun arco a outro como tabáns empalados cunha palliña por algún neno cruel), por causa do adestrador culé, quen decidiu levar as estrelas blaugranas ao matadoiro cunha estratexia suicida. Deixou na zaga vastos espazos, desertos aproveitados polos dianteiros merengues para manobrar e anotar goles nun dicir xesús. Aínda ben que no segundo tempo tropezaron con Valdés converso en áxil saltón. Co vagantío que concedeu a defensa, os chaíñas ou chanquiñas (equivalente auriense do tuercebotas castelán) madridistas parecían astros do fútbol. Cando todo estaba perdido, acudiu ao rescate do Barça un rapazolo rateño que apenas levanta do chan, meniño con dificultades coa hormona das medras pero que desta vez pegou unha estarrica cara ao olimpo de Di Stéfano e Maradona. Alegreime co último tanto de Messi, co caneo que deixou escarranchado e con cara de apalominado a Helguera. Aínda que perdésemos, non por iso deixaría de saborear un bicho hematófago (vulgo lamprea). Como así fixen.

Andrederabal ha detto...

No fútbol,vese que somos de ideas contrarias.