honesto, ta. (Do lat. honestus). 1. adx. Decente ou decoroso. 2. adx. Recatado, pudoroso. 3. adx. Razoable, xusto. 4. adx. Probo, recto, honrado.
Destas definicións da palabra honesto ningunha permite explicar o sentido con que os críticos de literatura, de arte ou de cinema xulgan unha obra determinada. E non só iso, senon que non son eu quen de entender que se entende por proposta, novela, libro, película honesta. Non sei se queren dicir que non é tramposa, que é o que me din os que se dedican a esto de cando en vez e entenden a palabra. Ou sexa, non engañosa, dando por suposto tanto que o autor non o pretende ser e que o lector entende que o autor non o quixo ser ou non o foi. Ou que nin o xénero, nin o contexto permita siquera dubidar de que o que alí ve o espectador ou le o lector é algo suxeito a mentira ou a engaño por non se sabe ben que camiños. Pero o ollo do crítico, ese ollo privilexiado que é crítico porque él di que é crítico, elevado un chisco alomenos por riba dos demais que quedan no nivel inferior de lectores ou de espectadores, é quen de distinguir unha obra honesta da que non o é.
Eu non sei se admiralos ou preguntarlles onde está a chave do trebello ese que lles permite recoñecer a honestidade alí onde nace, medra e morre. E logo tratar de averiguar en que consiste. Moito me temo que isto aínda é máis difícil. Honestamente.
2 commenti:
...cando escoito a palabra "decoro" sempre me lembro de Madre Sacramento, que ben cheiraba aquela monxa e canto sabía de vainicas!
A mí lo que me gusta es esa dama crucificada, con aire de estar de paseo... ¿Seré un pervertido deshonesto?
Posta un commento